Microsoft word - texto.doc

A Montaña, sabedoría, palabra e tempo
Luís Celeiro Álvarez
Pedrafita do Cebreiro, 30 de marzo de 2012
Sr. Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luís Raposo, moitas grazas pola súa presentación, por acollernos nesta casa do pobo , pola súa amizade, que ven de vello e que tanto agradezo. Amigos de PRAXIS, Laurie Dennett, Xosé Lois Fernández Balboa e José María Núñez Pérez, quero darvos a noraboa publicamente pola magnifica idea que está detrás de PRAXIS e as grazas por invitarme a estar hoxe aquí. De verdade que é para min unha grande honra. A todos vostedes, veciños destas terras da Montaña, grazas tamén, por participar neste acto, polo interese, por estar aquí. Eu tamén son da Montaña, son do Samos alto, de preto do Caurel polo outro lado, de cerca do Alto da Pedra que está ao carón de Pedrafita do Caurel, unha aldea con todas as súas casa baixo do mesmo teito, un teito de lousa que cubre os pendellos e os camiños. Gustaríame transmitirlles un realidade asentada na miña memoria: a montaña desprende coñecemento, sabedoría. A montaña fala e aloumiña aos homes de palabra, desprende fiabilidade, seriedade e contundencia, crea personalidade, ao longo do tempo, que por certo –para os que temos seis máis dos cincuenta- pasa voando. Sabedoría, palabra e tempo son tres conceptos que unidos constitúen a grandeza de nacer e vivir en terras altas. “As alturas son guías para as alturas” Rubén Darío dicía moi ben: Non deixes apagar o entusiasmo, virtude tan valiosa como necesaria; traballa, aspira, tende sempre cara á altura. Para gozar do sinxelo requírese de certa altura As intelixencias realmente superiores, solitarias, vense na altura A altura do teu voo dependerá dos ideais que leves por ás Gañaremos esas alturas só para seguir adiante Antes que o esforzo, as penas e o vento, a amizade é o compoñente esencial na montaña. Eu moito lle debo a esta montaña, a estes pobos, a estas xentes, que son (sodes) todos a miña xente. Son xornalista por casualidade, máis ben débolles esta profesión na que traballo a dous homes, Celso Emilio Ferreiro e Xesús Alonso Montero. Cando o primeiro veu do exilio en Venezuela, o profesor Alonso Montero convidouno a dar unha conferencia en Lugo e, pola noite, fomos un grupo de estudantes a cear co poeta a unha taberna de Recatelo. Foi naquela cea cando se meteu na miña cabeza a idea de que o xornalismo podía contribuír a cambiar o mundo, que tanta necesidade de cambio tiña. Pero son da montaña de Lugo por nacemento, por familia e por cultura. Son dos que pensan que ao nacer aquí queda moito camiño por diante e sabemos que se anda ese camiño coa alma, o corazón, a razón, os recordos e as querenzas. A Galicia de mediados do século pasado era outra, nada ten que ver coa Galicia de hoxe. A evolución foi de tal nivel que pasamos do arado romano ao ordenador en corenta anos. E o cambio foi forzado ou acelerado grazas ao coñecemento, por iso, quero, aínda que sexa brevemente, lembrar ás mestras que tiveron escola nestas terras, nestas escolas rurais, porque eles foron as portadoras, as labradoras ou cultivadoras das mentes dos rapaces e rapazas que acudían a escola con grandes dificultades. Vostedes saben ben que moitos país ían tódalas mañas cos fillos a escola, tres na besta, un arrequicho e o maior diante, saltando de coio en coio, de balado en balado, cruzando o bulleiro, cara o futuro. Agora hai outras posibilidades, novas técnicas de estudo, novas formas de aprender e innovadoras formas de ensinar, pero nos anos 50 e 60 non era así, como ferramentas únicas os Mestres tiñan o mapamundi, a regla de madeira, o silabario e a enciclopedia Álvarez. Grazas que tiñan tesón e xenio e querían que o alumnado aprenderá e se formara porque sabían que esa era a chave do mundo. Dona Leonor Mera Varela, a quen de vez en cando lle axudaban as súas fillas, Marisa e Lelucha, ensináballes aos seus estudantes aldeáns a linguaxe musical, a linguaxe matemática, a mímica e, obviamente, a lingua (a Galega NON, no recreo había que xogar ao rescátoche o pau, en castelán). Todos os rapaces e as rapazas da clase, grandes e pequenos, integraban un grupo de teatro e representaban obras que eles mesmos escribían ou arranxaban, entre elas “Zipi, zape, zapateiro remendón”. Os da miña época non pagaremos nunca o favor que nos fixeron as mestras nosas e os nosos pais. Grazas a eles, como se fose un milagre, (e din que cada montaña ten o seu) moitos rapaces e rapazas preparáronse para o ingreso e foron estudar o bacharelato, para seguir despois, moitos deles, na Universidade. A Universidade era un privilexio duns poucos e o bacharelato de poucos tamén. Os rapaces tiñan que chamar as vacas cando se ara, untar as mulidas e as correas, gardalas no prado cando pastaban e vir correndo da escola para o agro ou para a seara, para apañar o rebullo ou as castañas, para carrear os mollos, segundo a época do ano. Eran tempos difíciles, marcados polos bens escasos, pola falta de comunicacións, polas enormes distancias, pola deficiente alimentación, pola miseria e a emigración. Os nosos paisanos, homes e mulleres, fóronse, primeiro para América, despois para Europa e para España. Eu teño aínda viva a imaxe de cando se foi Manolo de Rigueiro. “Mirou por tódalas fiestras que había na casa, moitas delas só tiñan contras, era ao rompe-lo día. Despois foi a cociña, da cociña á porta de fóra, entrou outra vez no cuarto e mirou e requetemirou un retrato da moza que levaba na carteira, subiu á palleira, aloumiñou ao can e marchou andando, seguindo os pasos do cabalo que ía diante co seu pai e cunha maleta feita de táboas. A distancia da casa a carretera facíaselle curta aquel día, estaba atrolondado por non saber a onde ía e polo ruído do tren que o ía levar a unha cidade de Alemaña, para face-las "Américas", nas que aquela mesma mañá comezaba a dubidar. Manolo de Regueiro, de Alemaña tiña noticias pola carta que lle mandara o Bieito de Piornedo. No peto do chaleco gardaba, xunto a uns cartiños prestados, o sobre co remite do seu amigo”. Teño a imaxe gravada da pasaxe daquel home. Valente como era, corpulento el, traballador incansable, listo e bo home, abraza ao pai, dálle un bico ao cabalo, sóbese ao coche de liña, vaise á estación e sentase na maleta. Estaba mallado, abatido, pensando o que lle quedaba por andar. Despois de tanto tempo, a pesar de tantos atrancos e dos éxitos que tamén tivo, o seu pesar non foi pouco. Cando volveu, na aldea de onde partiu non quedaba ninguén, morréronlle os pais, tamén emigraron os veciños, naceron árbores nos camiños, esborralláronse as airas, as paredes e os muíños, podreceron os carros, os xugos, as cambelas e as rabelas dos arados. Perdéronse os costumes que a el lle gustaban. Esa imaxe asegura que a emigración foi unha das maiores traxedias do noso pobo e menos mal que  se  podía  emigrar.  Agora  tamén,  agora  andan  polo  mundo  os  mozos  da  montaña  e  de Galicia, pero –polo menos‐ sabendo a onde van.    A emigración a  América tocou fin polos anos 70 e viña de moi atrás. Algúns autores  din que desde 1810 ata 1970 terían saído de Galicia máis de  2 millóns de galegos/gas, por iso que non era un mal exclusivo desta zona, se non de todo o país.   A emigración internacional
Permítanme que, por ser algo que nos tocou tan cerca, achegue algúns datos sobre a emigración, proporcionados por Nacións Unidas: A nivel mundial, o número de emigrantes internacionais, no ano 2005, foi de 191 millóns. Europa acolleu o 34% do total destes migrantes Entre 1990 e 2005, os Estados Unidos recibiron a 15 millóns de migrantes. Alemaña e España, acolleron a máis de 4 millóns cada uno. Emigración cualificada
En 2000, o número de emigrantes con estudios superiores e máis de 25 años residentes nos 34 países de la OCDE (Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económicos) ascendía a 20 millóns, a diferenza de los 12 millóns de 1990. A finais da primeira década deste século, viven en países da OCDE entre o 33% e o 55% da poboación con máis formación de: Angola, Burundi, Ghana, Kenya, Mauricio, Mozambique, Sierra Leona, Uganda eRepública Unida de Tanzania Esta proporción aumenta ata o 60% se nos referimos a países como República Cooperativa de Guyana, Haiti, República de Fiji, Jamaica ou
República de Trinidad e Tobago
Remesas
A nivel mundial, las remesas enviadas por los migrantes aumentaron de 102.000
millóns de dólares, en 1995, (58.000 millóns a países en desenvolvemento) a
aproximadamente 232.000 millóns de dólares, en 2005 (167.000 millóns a países en
desenvolvemento).
Estes datos é conveniente coñecelos porque serven para dar luz sobre cal é a
situación da poboación mundial, e así entendermos mellor o que fomos e o que somos
nós, nun contexto que eu entendo que ten que ser forzosamente de solidariedade
entre os homes e os pobos.

Poboación emigrante internacional, ano 2010

Europa 69,8
Países que acolleron en 2010 a maior
cantidade de migrantes internacionais
Estados Unidos

Fonte: División de Poboación, Departamento de Asuntos
Económicos e Sociais, Nacións Unidas.

Emigracións segundo lugar de destino. Españois e estranxeiros Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
6.840.507.003 – poboación mundial en 2010
O 90% de la poboación vive no hemisferio norte y tan solo el 10%, no hemisferio sur.
Segundo as proxeccións da División de Poboación do Departamento de Asuntos Económicos e Sociais das Nacións Unidas, en 2025 a India, con 1.460 millóns de habitantes, superará o número de habitantes de China, de 1.390 millóns, e será o país máis poboación do mundo. Segundo as proxeccións a poboación de China diminuír hasta 1.290 millóns, en 2050. Na India o crecemento continuará, hasta superar os
1.720 millóns para 2060, para despois comezar a diminuír.
O Emprego
Segundo a OIT (Organización Internacional do Traballo):
En 2009, 81 millóns, o 13% dos 620 millóns de mozos de 15 a 24 anos de idade de
todo o mundo estaban desempregados
Tasa de emprego segundo grupos de idade e periodo
Unidades:porcentaxes
Fonte: Encuesta de Poboación Activa. INE. Varones Mujeres Varones Mujeres
Trabajalladores cualificados en agricultura 3,6
Cifras oficiais da poboación a 1 de xaneiro de 2011
Mulleres
Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes. Extraído de: http://www.ine.es 17-01-2012 Indicadores de poboación. Galicia e provincias. Ano 2010
Galicia A Coruña
Lugo Ourense Pontevedra
Concellos, parroquias e lugares de Montaña
Concello
Nº Parroquias
Nº de Lugares
Comarcas
Galicia ten uns 35.000 núcleos de poboación e, nos últimos anos, a despoboación rural, debido ao envellecemento e ao éxodo ás cidades, estase producindo unha alarmante despoboación. Preocupante para os que queremos que as nosas zonas, a terra onde nacemos e vivimos floreza máis cada día. Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) din que en Galicia as aldeas abandonadas son arredor de 1.500 e van en aumento sen parar. Cerca doutras mil teñen un único veciño vello. Da nosa poboación, 620.500 habitantes superan os 65 anos, é dicir, un 22,2% de toda poboación (no caso das mulleres, esta porcentaxe aumenta ata 25% en Galicia e ronda ao 30% nas provincias de Lugo e Ourense. A comezos do século XX, o sector primario ocupaba ao 85,89% da poboación activa de Galicia, pero estes datos cambian radicalmente nos primeiros anos da década dos 90, cando no sector primario traballa unicamente o 30% da poboación, mentres que o terciario ocupaba a cerca do 44%. Trátase dun cambio que da conta do desenvolvemento do socioeconómico do país. Na distribución xeral da terra destaca o que o 62,24% do seu chan é terreo forestal, o 14,63% do chan dedícase a prados e pastos e tan só o 14,10% é terra de cultivo. Outro feito significativo é que o 90,89% das terras de cultivo son de secaño e, unicamente, o 9,10% son de regadío. Superficie forestal
A superficie forestal de Galicia, que representa o 11,4% respecto á de España,
distribúese da seguinte maneira
63,9% propiedade particular 32,9% propiedade veciñal en man común 3,2% propiedade pública. Estrutura produtiva gandeira
Das 84.793 explotacións de gando bovino existentes en Galicia en 1998, o 70,20%
tiñan entre 1 e 9 vacas, o 28,75% entre 10 e 49 vacas, e o 1,04% máis de 50 vacas, o
que dá unha idea da atomización destas explotacións.
A maior parte das explotacións galegas de gando porcino, case o 70% dedícanse á reprodución deste gando, e como media contan con 101porcos por explotación. As explotacións cuxo fin é o engorde ou cebo dos porcos para a súa posterior transformación en carne supón o 31,40% e cada unha ten como media 1.372 animais. En Galicia existen 1.298 explotacións avícolas, das cales. Subsector agroindustrial
Das 1.366 industrias agroalimentarias galegas, o 20,86% localízase na Coruña, o 23,13% en Lugo, o 25,92% Ourense, e o 30,09% en Pontevedra. Case a metade, o 42,39%, dedícase á industria vinícola e de alcol, concentrándose a maior parte delas en Ourense e Pontevedra. Séguenlle en importancia as industrias de manipulación e procesado de flores e produtos hortifrutícolas, co 17,64% e as industrias cárnicas, que supón o 15,96% do total. Colaboración
Acabáronse as rogas. Noutras épocas a cooperación dos veciños era exemplar, xuntos segaban o pan, xuntábano en medeiros, carretábano e facían as medas (aquelas medas altas, máis alta que o cumio do teito máis alto) e todos a mallar dende unha esquina á outra da parroquia, todos xuntos. Xuntos gadañaban a herba, carretaban a madeira en carretos, cavaban o monte e facían as tolas en conxunto e en rogas. O único que se facía individualmente (e, se a caso, as escondidas) era tornala auga. Aquí, si, cada un para o angoeiro do seu prado, independentemente de que estivera ou non partida. As partixas da auga, que tanto deron que falar. A matanza era labor de todos, a semente e a colleita das patacas tamén, a pisa das castañas, aínda que cada quen secabas no seu sequeiro ou na súa caniceira. E xa, entrados na década dos oitenta, o consumismo apoderase dos labregos para obrigarlles a comprar tractores innecesarios por pares. Nunha aldea de cinco casa e 18 vacas había catro tractores, cada un con maior cabalaxe, catro segadoras, cinco ou seis motoserras para picar a leña, tres empacadoras para a herba seca, catro revolvedores e un grade parque de aperos sen usar. En nome do progreso marxinábanse ás zonas rurais. Outro milenio
Agora que cambiamos de século e de milenio, vo sería cambiar tamén o paso de andadura. A realidade vese teimuda e a funcionalidade dos concellos galegos, neste momento 315, ten mermado o seu alcance social, nun mapa organizativo que se caracteriza pola autonomía e a segregación fronte á fusión e reunificación. O profesor e tamén político, Román Rodríguez González, director do estudo Os concellos galegos para o século XXI, examina a organización territorial dos concellos de Galicia e analiza unha reestruturación do territorio e do goberno local. Ao parecer os concellos galegos están consolidados como unha institución esencial para a cidadanía, pero afrontan un panorama con atrancos que diminúen “a súa eficacia como entidade prestadora de servizos públicos e como órgano de representatividade social”. A base desta conxuntura é a dimensión dos municipios, que condiciona a súa “gobernabilidade”. Argumenta o autor que a poboación é un factor determinante para os recursos municipais, incidindo directamente no financiamento. Este feito orixina unha “brecha”, que separa aos concellos en base ao seu nivel demográfico. Parece evidente, á vista dos datos demográficos expostos aquí, a necesidade de reconsiderar e actualizar, coas reformas administrativas necesarias, o mapa territorial de Galicia, na procura dunha mellor calidade de vida. Consideran vostedes que é necesario este reparto da montaña en 13 concellos? Eu que son dunha aldea de 5 casas, a de Baixo, a de Arriba, a de Rigueiro, xunto da fonte; a da Loureira e a de Cereixo, e que catro delas están derrubadas ou a punto de derrubárense sobre si mesmas, teño grande sentimento de lástima amarrado ao peito e non poderei perdelo ata ter garantía de que a esperanza será sempre, por “maldadas” que veñan, guía e compañeira. Por tal razón quería pedirlles a vostede comprensión para deixar no maxín de cada quen dúas propostas que entendo relevantes e que só se poden defender dende a altura de miras, dende esta atalaia montesía, pola que o mundo entrou, ao longo de moitos séculos, en Galicia e que seguirá sendo porta de entrada para romeiros, comerciantes, peregrinos, intelectuais e todos aqueles que queiran saber e ver a Galicia dos celtas, dos irmandiños, dos romanos, a Galicia de hoxe e a do futuro. Unha das propostas xa está feita, pero quero matizala. Considero que calquera cambio de estrutura, de forma ou de comportamento da sociedade ten que estar promovido e impulsado polos cidadáns dende abaixo. Convén, xa que logo, promover formulas que permitan a discusión e posta en común, para elaborar dos proxectos necesarios. A outra proposta ten relación cun dos bens máis prezados que temos, o Patrimonio cultural. Cambiamos de século, dixemos, e no pasado queda o Xacobeo 93, aquel plan de dinamización socieconómica e cultural de Galicia que se aprobou no Parlamento do Hórreo por unanimidade de todos os grupos parlamentares e que foi probablemente o único Plan con rigor que puxo en marcha o Gobernos do Sr. Fraga nos 16 anos que estivo no poder. Por estes lares entra o Camiño de Santiago en Galicia e segue paseniño cara a Santiago, concentrando nos seus arredores monumentos extraordinarios, extraordinarias paisaxes, transmitindo cultura e saber, fomentando o intercambio de pareceres e de ideas. A proposta vai no sentido de impulsar un plan estratéxico que serva para revitalizar a zona en base aos elementos dos que dispomos, relacionados co mundo da cultura e do patrimonio cultural, etnográfico, paisaxístico e inmaterial. Un plan que debe estar promovido polas administracións, Xunta de Galicia, Deputación e Concellos, estes últimos non poden aporta fondos económico, pero poden facer a grande achega do coñecemento, e que teña por obxectivo a dinamización económica e cultural dos municipios da comarca Un equipo de profesionais multidisciplinar, (aproveitando o grande potencial de profesionais que hai na zona) con historiadores, economistas, arquitectos, comunicadores, enxeñeiro, sociólogos, economistas, biólogos, expertos en lingüística e administrativistas elaborarían este Plan, en contacto permanente coa realidade e coa xente que vive no entorno. Esta entrada en Galicia sería como o espello para ver a Galicia enteira. Estou pensando por suposto no Camiño de Santiago como motor (sabíao moi ben Elías Valiña), pero consciente de que hai outras locomotora de apoio importantes, os mosteiros e todo o que significan no plano cultural, histórico e de difusión da cultura, as igrexas, o románico. Estou pensando na riqueza que temos coas paisaxe, con todos os elementos medioambientais, coa etnográfica, as pallozas de Piornedeo e do Cebreiro. Estou pensando en conservar a memoria do que fomos e do que somos, para orgullo dos vindeiros. Temos a obriga de crear industria cultural que axude a asentar a poboación e ao retorno dos que poidan. Unha industria que faga evolucionar outros sectores. As covas de Val da Vara, en Cruzul (Becerreá) e a de Eiros, en Triacastela, son unha mostra de que os ancestros veñen de lonxe. Temos ascendentes con máis de 26.000 anos. Coa Universidade e os expertos debemos poñer en valor ese patrimonio e poñelo tamén ao servizo da sociedade. Os castros as mámoas e todo eses bens que dan vida e historia a zona teñen que ser conservados. Este proxecto ten que impedir a desfeita. Ten que mandar parar cando sexa necesario. Ten que dicir NON e especulación e dominio dos poderosos, ten que opoñerse ao parque eólico do Ouribio, ten que ser participativo, cooperativo e integrador. A paisaxe, as vistas, os menceres e solpores A LETANÍA DE GALICIA /1968
Uxío Novoneyra
GALICIA digo eu / un di .GALICIA GALICIA decimos todos .GALICIA astr´os que calan din .GALICIA e saben .sabemos GALICIA da door chora .á forza GALICIA da tristura triste .á forza GALICIA do silencio calada .á forza GALICIA da fame emigrante .á forza GALICIA vendada cega .á forza GALICIA tapeada xorda .á forza GALICIA atrelada queda .á forza libre pra servir .libre pra servir libre pra non ser .libre pra non ser libre pra morrer .libre pra morrer libre pra fuxir .libre pra fuxir GALICIA labrega .GALICIA nosa GALICIA mariñeira .GALICIA nosa GALICIA obreira .GALICIA nosa GALICIA irmandiña .GALICIA viva inda recóllote da terra .estás mui fonda recóllote do pueblo.estás nil toda recóllote da HISTORIA .estás borrosa recóllote i érgote no verbo enteiro no verbo verdadeiro que fala o pueblo recóllote prós novos que vein con forza prós que inda non marcou a malla d´argolas prós que saben que ti podes ser outra cousa prós que saben que o home pode ser outra cousa sabemos que ti podes ser outra cousa sabemos que o home pode ser outra cousa Deixou a casa sola, pechadas as fiestras e as portas, tódalas portas con caravilla, e foise á feira de Castroncán con dúas cestas de ovos para vender a uns pesos por ducia. Aquel día decatouse da certeza do que dicían os máis vellos: "non hai feira mala, cando un perde outro gana" así, igualiño é na venda dos ovos que na merca de vontades, regatéase dúas ou tres veces, axústase o prezo, se é necesario pártese a diferencia e faise o trato. E, se un perde, xa outro gaña. Unha cesta levábaa na man e outra levábaa na cabeza asentada nunha rodela de fentos verdes e fresquiños. De volta para a casa ía lixeira, cunha cesta dentro da outra e a rodela na cesta, xunto a un pantrigo e unhas roscas para os nenos. Os cartiños no peto gardados e agarrados coa man, dispostos para ser contados dúas ou tres veces nas sombras do camiño. Os cartiños duns ovos que pouco tiñan que contar. Da feira para a casa e da casa para a leira, da leira ó prado e do prado ó traballo, un día e detrás un ano, sempre, pelexando diario para manter as galiñas, un can e o cabalo. Na casa había un cuarto grande cunha mesa grande, a despensa cun ventanuco mirando para o norte, un par de arcas e unha cama con colcha de tiras arrimada a un montón de castañas. Había unha cociña cunha gramalleira aguantando un caldeiro de cobre e unha pota con tres pés, para cocer o caldo da mediodía, o caldo da noite e o do almorzo. Nun cantón, detrás da porta do soto estaba a artesa e nunha esquina, onde se deitaba o gato, pousábanse os cartos dos ovos, alí nun saquiño de estopa atoparanse as moedas comidas polos anos e destrozadas pola miseria. Espetado na parede alumeaba un candil de aceite e no quenzo afumábanse as castañas.

Source: http://www.luisloureira.eu/arquivos/A-Montana-sabedoria-palabra-e-tempo.pdf

carriwell.com

Seamless Maternity Light Support Top Sister Lilian, leading pregnancy and parenting advisor and author, writes about progesterone, pregnancy aches and pains and the seamless maternity light support top’s therapeutic use: The predominantly female hormone, progesterone, plays a significant role throughout a woman’s life, especially during her reproductive years. Increased progesterone

Doi:10.1016/s0140-6736(05)67394-

Articles Efficacy and safety of cholesterol-lowering treatment: prospective meta-analysis of data from 90 056 participants in 14 randomised trials of statins Cholesterol Treatment Trialists’ (CTT) Collaborators* Summary Background Results of previous randomised trials have shown that interventions that lower LDL cholesterol Lancet 2005; 366: 1267–78 concentrations ca

Copyright © 2010-2014 Metabolize Drugs Pdf